ÉXITO ROTUNDO NO 17M EN GALIZA
O éxito rotundo da mobilización convocada pola PGDEI faise manifesto coa presenza masiva dos integrantes do sector na manifestación do 17 de marzo de 2009 en A Coruña.
Só agradecer a apoio a todos os presentes, desde os alumnos e os seus representantes, pasando polos profesores e finalmente os profesionais e os seus representantes, os Colexios profesionais de Enxeñerías de Galiza.
Esta manifestación foi un claro exemplo da unión do colectivo pola causa común:
A REGULACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL
Grazas de novo a todos e esperamos que na próxima mobilización o apoio non só se manteña, senón que cada vez sexamos máis e o noso poder reivindicativo aumente da mesma forma en que aumenta o noso clamor.
Tentaremos colgar canto antes todas as fotos e vídeos da manifestación para facer partícipes dela a tantos que por uns motivos ou outros non puideron asistir.
¡A LOITA CONTINUA, NON NOS RENDEREMOS, XAMAIS SEN LOITAR E SEN FACERNOS ESCOITAR!
http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2009/03/17/00031237303814046729453.htm
http://www.que.es/coruna/200903171657-dos-mil-estudiantes-informatica-demandan.html
http://www.radiofusion.eu/manager.php?p=FichaNova&ID=804
http://www.agalega.info/videos/?emi=6453&corte=2009-03-17&hora=14:42:29&canle=tvg1
Comentarios recentes