Convenio entre a Universidade da Coruña e o Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia
O reitor da Universidade da Coruña, José María Barja, e o presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, Fernando Suárez Lorenzo, asinarán mañá, martes, 10 de marzo, ás 12:00 horas, un convenio de colaboración entre ambas entidades.
O acordo marco que se asinará mañá servirá para, entre outras actividades, promover a organización de actos académicos e favorecer a participación en proxectos de investigación bilaterais.
Ao acto, que terá lugar na Sala de Xuntas da Reitoría, asistirá tamén o decano da Facultade de Informática, Alberto Valderruten.
Aqui os links á noticia:
http://www.cpeig.org/portal/node/672
http://www.fic.udc.es/NewsContent.do?newsId=22412&urlCurrent=ViewPaginatedCategory.do&categoryId=-1&subcategoryId=-3&location=news.categories
Regúlame, tú que sabes sobre los colegios… ¿Nos podrías explicar más o menos sobre qué va esto? ¿Qué se hará exactamente?
eu tamen estou intrigado en saber, concretamente, en que consiste este acordo, xa que os detalles mencionados son bastante abstractos.
Bueno, eu non estou ao tanto de todo o que fai o CPEIG, pero polo que leo na súa web dame a impresión de que se trata de un convenio marco, é dicir, nada específico. Simplemente serve para escenificar a vontade de colaboración entre ambas entidades. Considero positivo que Universidade e Colexios Profesionais asinen este tipo de convenios, pero despois hai que dotalos de contido e realizar accións conxuntas, porque senon quédanse en un acto máis para a galería.
Polo que fontes externas me comentaron, é un convenio bastante “lait”, pero a idea e ir ampliandoo para que pouco a pouca as relacións se estreiten ata ter unha colaboracón case total.
Penso que é unha gran oportunidade para ámbalas entidades, polo que considero que no momento que se está a trascender, seria clave que ámbalas duas mostrasense comprometidas coa causa que levou a crear todo este portal.