Archivo

Archivo para Abril, 2009

O PSOE pide no Congreso a creación do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enxeñaría Informática

Jueves, 23 de Abril de 2009

O grupo socialista presentou hoxe no Congreso proposicións de Lei para a creación do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enxeñaría en Informática e Enxeñaría Técnica en Informática, servindo así como medio interlocutor autorizado co Executivo para resolver problemas da profesión, tales como, a día de hoxe e en primeira instancia, a regulación das mesmas.

Pódese consultar a noticia detallada no seguinte enlace:

http://www.hoytecnologia.com/noticias/PSOE-pide-Congreso-creacion/107401

Sen categoría

A LOITA SEGUE, AGORA POLA TELEMÁTICA

Jueves, 16 de Abril de 2009

Tras revisar as fichas da Enxeñaría Técnica en Telecomunicacións pódese ver que as competencias sobre a telemática reflíctense nelas. É a telemática un campo exclusivo dos Enxeñeiros Técnicos en Telecomunicacións? Non fai falta ser unha eminencia na materia para decatarse de que NON. É increble, que tras as protestas e reclamacións que se están a levar a cabo,  aínda existan feitos de este tipo.

Se aínda hai alguén que dubida do FRAUDE ao que o goberno está a someter ás Enxeñarías en Informática, aquí preséntase unha proba máis de que isto é algo real, e necesitamos de toda a axuda e apoio posible. Neste link podedes consultar a nova detallada.

Que ninguén se relaxe nin dé esta loita por parada ou finalizada, pois queda aínda unha longa guerra por librar en pequenas batallas coma as que se levan visto ata hoxe.

E unha vez máis:

¡A LOITA CONTINUA, NON NOS RENDEREMOS, XAMAIS SEN LOITAR E SEN FACERNOS ESCOITAR!

Sen categoría

O GOBERNO SEGUE TENTANDO ELIMINARNOS

Lunes, 6 de Abril de 2009

Na páxina web do Ministerio de Economía publicouse o acordado no pasado Consello de Ministros sobre as modificacións de diversas leis para a súa incorporación á Directiva Europea de Servizos, que podedes ver aquí. Xa que o servidor do Ministerio soe estar caído, aquí están os documentos:

As observacións e comentarios pódense remitir á seguinte dirección de correo electrónico ata o 20 de abril:

audiencia.leyomnibus@meh.es

A regulación das profesións que nos interesan NON ESTÁN no documento Ómnibus e este é o documento referenciado na PNL do Senado e no acordo do Consello de Universidades. Queda claro que é un momento crucial no proceso que seguimos e tamén é momento de recordar o compromiso da creación dunha Comisión Mixta para abordar a regulación da profesión.

A CODDI ten plenario o día 16 de abril en A Coruña, polo que se solicitou á directiva, da cal é secretario Alberto Valderruten (Decano da FIC), que intentase a levar un borrador de alegacións. Deste xeito, aprobaríase para presentalas antes do 20 de abril, que é cando remata o prazo de alegacións.

Sería moi bo presentar unhas alegacións firmadas pola CODDI, os Colexios, as Asociaciones de Informática e todos os organismos e asociacións de empresas que quixeran adherirse e, se isto non é posible, polo menos que cada organización presente unhas alegacións similares, para presionar neste sentido a un tempo. Desde CODDIQ (a de químicas) estanse movendo xa nese sentido e xa teñen un informe xurídico e un borrador de alegacións preparado.

En tanto a CODDI non redacta dito informe, dende a PGDEI instamosvos a todos a que fagades latentes as vosas reivindicacións ante esta acción, que desde aquí non podemos calificar máis que de “TRAIZÓN ÁS ENXEÑARÍAS EN INFORMÁTICA”.

Unha vez se teña o informe da CODDI publicarase para que se poida remitir ao Ministerio. Hoxe, máis ca nunca:

¡A LOITA CONTINUA, NON NOS RENDEREMOS, XAMAIS SEN LOITAR E SEN FACERNOS ESCOITAR!

Sen categoría

Pronunciamento do Reitor da UDC e da FIC

Jueves, 2 de Abril de 2009

Véñense de pronunciar tanto o Reitor da Universidade da Coruña como a Facultade de Informática da UDC onde se expresa o seu apoio ás iniciativas e obxectivos manifestados desde esta Plataforma, reafirmando así, e unha vez máis, a nosa potencia reivindicativa e a unión entre os tres frentes que nos integran.

De seguido poderedes consultar os documentos, e seguiremos á espera dos pronunciamentos correspondentes do resto de Universidades-Escolas implicadas neste proceso de regulación no que estamos involucrados.

Sen categoría