A LOITA SEGUE, AGORA POLA TELEMÁTICA
Tras revisar as fichas da Enxeñaría Técnica en Telecomunicacións pódese ver que as competencias sobre a telemática reflíctense nelas. É a telemática un campo exclusivo dos Enxeñeiros Técnicos en Telecomunicacións? Non fai falta ser unha eminencia na materia para decatarse de que NON. É increble, que tras as protestas e reclamacións que se están a levar a cabo, aínda existan feitos de este tipo.
Se aínda hai alguén que dubida do FRAUDE ao que o goberno está a someter ás Enxeñarías en Informática, aquí preséntase unha proba máis de que isto é algo real, e necesitamos de toda a axuda e apoio posible. Neste link podedes consultar a nova detallada.
Que ninguén se relaxe nin dé esta loita por parada ou finalizada, pois queda aínda unha longa guerra por librar en pequenas batallas coma as que se levan visto ata hoxe.
E unha vez máis:
¡A LOITA CONTINUA, NON NOS RENDEREMOS, XAMAIS SEN LOITAR E SEN FACERNOS ESCOITAR!
Lamentable el responsable de la Plataforma en Radio Coruña, solo le faltó hablar de la niña de Rajoy.
Por alusións a q te refires con este comentario?????
¿quén é o responsable da plataforma?
Non o responsable, o representante da plataforma no debate que se fixo.
Fun eu ó debate, xa q chamaron o sabado a Macias, e como era o domingo, el non podia ir, dixomo a min.
E para clarexar por se alguén ten ganas de rizar o rizo, o que pedian era un alumno de informática polo problema da regulación, do mesmo xeito que estaba un da doble licenciatura de dereito-ade e un de socioloxia q xa implantaron o grado, e aprobeitaron para escoller a un dos que estiveran dentro da plataforma.
Espero que non se rice o rizo, que nos coñecemos.
Tranquilo home.
Xa sabes como morreu Tranquilo non?
Pois iso.
Por certo… tedes pensado convocar algunha manifestación para antes das eleccións europeas??? Dende RITSI parece que non apoiaran novas manifestacións ata como mínimo OCTUBRE…. paréceme moi tarde… cal é a postura dende pgdei???
Estamos pendientes dunha reunión a non moito tardar onde un dos puntos do día será eso mesmo que ti comentas, namentres non che podemos adiantar nada, porque é unha decisión a tomar en consenso.
Pero moitas grazas pola tua atención e pola información sobre RITSI e a sua postura.
Un saudo Enxeñeiro.