Archivo

Archivo para Junio, 2009

Apoio Unánime do Parlamento Galego á Regulación das Enxeñarías en Informática

Miércoles, 24 de Junio de 2009

PP, PSOE e BNG aprobaron no pleno desta mañá a proposición non de lei para instar ao Goberno do Estado á tramitación e aprobación dunha lei na que se regulen as titulacións e atribucións profesionais das Enxeñarías en Informática.

Partido Popular, Partido Socialista e Bloque Nacionalista Galego manifestaron o seu apoio unánime á regularización das Enxeñarías en Informática coa aprobación da iniciativa presentada polo Grupo Parlamentario Popular. Ademais, os tres grupos acordaron introducir na proposición non de lei a relevancia de “escoitar as necesidades do sector” no proceso de regulación.

A solicitude ao Goberno central dunha lei para a creación do Consello Xeneral de Colexios Profesionais de Enxeñería en Informática foi outro dos aspectos debatidos. Neste caso, PPdeG e BNG votaron a favor e o PSdeG abstívose, ao estar tramitándose xa esta iniciativa no Congreso.

A noticia ampliada na seguinte dirección:

Tamén na páxina da FIC.

Sen categoría