Inicio > Sen categoría > Apoio Unánime do Parlamento Galego á Regulación das Enxeñarías en Informática

Apoio Unánime do Parlamento Galego á Regulación das Enxeñarías en Informática

Miércoles, 24 de Junio de 2009

PP, PSOE e BNG aprobaron no pleno desta mañá a proposición non de lei para instar ao Goberno do Estado á tramitación e aprobación dunha lei na que se regulen as titulacións e atribucións profesionais das Enxeñarías en Informática.

Partido Popular, Partido Socialista e Bloque Nacionalista Galego manifestaron o seu apoio unánime á regularización das Enxeñarías en Informática coa aprobación da iniciativa presentada polo Grupo Parlamentario Popular. Ademais, os tres grupos acordaron introducir na proposición non de lei a relevancia de “escoitar as necesidades do sector” no proceso de regulación.

A solicitude ao Goberno central dunha lei para a creación do Consello Xeneral de Colexios Profesionais de Enxeñería en Informática foi outro dos aspectos debatidos. Neste caso, PPdeG e BNG votaron a favor e o PSdeG abstívose, ao estar tramitándose xa esta iniciativa no Congreso.

A noticia ampliada na seguinte dirección:

Tamén na páxina da FIC.

Alumnos FIC Sen categoría

  1. Jotha
    Viernes, 26 de Junio de 2009 a las 10:32 | #1

    Agora esperemos que non se fagan os tolos dende Madrid como levan facendo ata agora.
    A ver se non hai que facer outra manifestación para que lle den adiante a esta proposta, pero bueno, algo é algo, e eso é o importante.

  2. alicuecano
    Martes, 22 de Septiembre de 2009 a las 09:24 | #2

    Documento moi interesante, presentación do CCII-CONCITI dunha serie de recomendacións sobre o plan avanza :
    http://conciti.files.wordpress.com/2009/09/plan_avanza2_ccii-conciti.pdf

  1. Sin trackbacks aún.