Archivo

Archivo para Agosto, 2009

Publicadas no BOE as fichas competenciais para as titulacións de Enxeñeiro e Enxeñeiro Técnico en Informática

Miércoles, 5 de Agosto de 2009

Tras unha dura loita por parte de todos os integrantes das Enxeñerías e Enxeñerías Técnicas en Informática, desde os docentes ata os profesionais, pasando, como non, polos alumnos, que sairon todos xuntos ás rúas,  como un só e gran colectivo, facendo todo o que estivo ao alcance de cada un dentro das súas posibilidades, onde cada persoa presente en cada mobilización foi tan imprescindible coma o que estaba nun despacho redactando unha queixa formal, ou facendo un cartaz, a día de hoxe pódese dicir que a primeira gran batalla librada caeu do lado dos Enxeñeiros e Enxeñeiros Técnicos.

No BOE do 4 de agosto exponse o Acordo do Consello de Universidades sobre as condicións que deben cumplir os títulos universitarios de Enxeñeiro e Enxeñeiro Técnico en Informática.

BOE-A-2009-12977

Só queda, pois, a máis dura, longa e difícil batalla por liberar, e non é outra que o Goberno nos recoñeza como os Enxeñeiros que somos, e nos iguale co resto das Enxeñarías, xa que é un dereito que temos por denominación, e ata o día de hoxe, debido á xuventude da Profesión-Titulación, non se nos recoñeceu.

Hoxe, máis ca nunca

¡REGULACIÓN DA NOSA PROFESIÓN!

¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡   XA  !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Sen categoría