Sobre nós

Martes, 17 de Marzo de 2009

A Plataforma Galega na Defensa das Enxeñarías en Informática (PGDEI) nace co obxectivo de aglutinar os diferentes colectivos que a nivel galego traballan na defensa das titulacións en Informática. O obxectivo da Plataforma é:

  • Consecución da Regulación Profesinal e Académica das Enxeñerías en Informática.

Para acadar tal fin, a PGDEI terá as seguintes funcións ou medios:

  • Informar de maneira directa e veraz de todas aquelas noticias e actuacións relacionadas co obxectivo da Plataforma, así como mellorar a consideración social da Enxeñarías en Informática.
  • Coordinar as accións reivindicativas necesarias de cara a consecución do obxectivo da Plataforma.

A Plataforma está formada polos seguintes colectivos:

Publicarase un manifesto conxunto coa firma dos representantes dos colectivos que integran esta Plataforma o vindeiro 17 de marzo de 2009 na Asemblea Aberta de presentación, convocada ás 16.00h no Salón de Actos da Facultade de Informática da UDC.

Debido á ausencia por motivos persoais de dous dos que se mencionan no escrito, faltan as súas correspondentes firmas. Seguimos á espera da súa pronunciación.

Grazas a todos polo voso apoio e implicación.

firmas_integrantes_pgdei

integrantes_pgdei

Comentarios cerrados.