Reunión previa á constitución da PGDEI

Lunes, 2 de Marzo de 2009

Acordos e conclusións:

Acórdase impulsar a Plataforma Galega na Defensa das Enxeñarías Informáticas (PGDEI), que nacerá cos seguintes obxectivos fundamentais:

  1. Coordinación e debate das diferentes accións reivindicativas a realizar na defensa das Enxeñarías en Informática.
  2. Informar de forma directa e veraz de todas aquelas noticias e actuacións relacionadas cos obxectivos da plataforma. Creación dun portal en Internet.
  3. Conseguir as fichas competenciais das titulacións de Enxeñarías en Informática e a consecuente regulación profesional que isto conleva.

Ante a imposibilidade de constituír de forma inmediata unha plataforma recoñecida legalmente, acórdase aprazar a devandita constitución. Non obstante, decídese seguir adiante co seu desenvolvemento e presentación pública para aproveitar a vontade de acción dos actores presentes.

Por iso, decídese preparar unha asemblea aberta para presentar públicamente a plataforma e os seus obxectivos. A devandita asemblea terá lugar o 17 de Marzo de 2009 ás 16:00 horas na Facultade de Informática de A Coruña.

Acórdase apoiar unha manifestación pola regulación das Enxeñarías en Informática para o 17 de Marzo de 2009 en A Coruña. A manifestación comezará as 12:00 horas na Facultade de Informática de A Coruña e finalizará as 14:00 horas na Delegación do Goberno.

Tanto os carteis para a difusión da manifestación como a creación da páxina web da plataforma quedan a cargo dos representantes de estudantes da Coruña.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2009

Alumnos FIC Sen categoría